sábado, 22 de marzo de 2014

ESPERA Nº 6 (parte I)

E entón un día chega a espera que demostra
que non tiñas nin idea
do que era agardar.
Cando cada día vale por 3 e cada cigarro,
a metade.

E unha noite son mil noites.

Porque poucas lembranzas sobreviven tan ben

como o roce da pel.  



     Calando as palabras vou gardando as bágoas para cando ninguén mira. Aforrando sentimentos por se acaso.

     As promesas van quedando lonxe, e a túa camiseta irá perdendo o teu cheiro ata que durmir con ela xa non traia recordos nítidos. 

     Miles de kilómetros serán capaces de acabar por borrar o que pasou por casualidade?


    Ó 5º intento por fin están queimando o monte.
 Aprenderemos do perdido, polo menos nós, aos que de verdade nos importa. Sen excusas e con medo quitarei a maleza da terra que nos separa para que o camiño non desapareza. Pode que pola metade na mesma tarefa te atope, nalgún refuxio. Nalgún lugar do que xa non queira saír máis.

   
                                                                                                                Quererás ti?  

miércoles, 15 de agosto de 2012

contra(la)luz



Nos días coma hoxe, nada mediterráneos, toca voltar a vista atrás e recordar aquelas tardes, e, sobre todo, aquela luz...

martes, 14 de agosto de 2012

sábado, 4 de febrero de 2012


Mini espera 3.1





- Luís, cuánto hace que está el Euro?
- ... 5 o 6 años...
- Pues mira que hace tiempo que tengo este libro, me costó 1500 pesetas.

lunes, 30 de enero de 2012


ESPERA Nº1

 Jazzman toca na Quintana "Tears in heaven"
4-05-2011
       Xusto cando remata dan as dúas e media da tarde.

Que présa pode ter unha monxa?

Aínda falta un rato para que veña o claro. A praza
   cambia de cor todo o tempo. Esta vez pode que compense
     poñerme as gafas
          de sol.

domingo, 22 de enero de 2012

Grandes citas

                           

       "Camino en zigzag porque así tardo más en llegar y pienso mejor a dónde quiero ir."
Engué, minoría étnica