Calando as palabras vou gardando as
bágoas para cando ninguén mira. Aforrando sentimentos por se acaso.
As promesas van quedando lonxe, e a
túa camiseta irá perdendo o teu cheiro ata que durmir con ela xa
non traia recordos nítidos.
Miles de kilómetros serán capaces de acabar por borrar o que pasou por casualidade?
Ó 5º intento por fin están
queimando o monte.
Aprenderemos do perdido, polo menos nós, aos que
de verdade nos importa. Sen excusas e con medo quitarei a maleza da
terra que nos separa para que o camiño non desapareza. Pode que pola
metade na mesma tarefa te atope, nalgún refuxio. Nalgún lugar do
que xa non queira saír máis.

No hay comentarios:
Publicar un comentario