sábado, 22 de marzo de 2014

ESPERA Nº 6 (parte I)

E entón un día chega a espera que demostra
que non tiñas nin idea
do que era agardar.
Cando cada día vale por 3 e cada cigarro,
a metade.

E unha noite son mil noites.

Porque poucas lembranzas sobreviven tan ben

como o roce da pel.  



     Calando as palabras vou gardando as bágoas para cando ninguén mira. Aforrando sentimentos por se acaso.

     As promesas van quedando lonxe, e a túa camiseta irá perdendo o teu cheiro ata que durmir con ela xa non traia recordos nítidos. 

     Miles de kilómetros serán capaces de acabar por borrar o que pasou por casualidade?


    Ó 5º intento por fin están queimando o monte.
 Aprenderemos do perdido, polo menos nós, aos que de verdade nos importa. Sen excusas e con medo quitarei a maleza da terra que nos separa para que o camiño non desapareza. Pode que pola metade na mesma tarefa te atope, nalgún refuxio. Nalgún lugar do que xa non queira saír máis.

   
                                                                                                                Quererás ti?